Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación das liñas eléctricas aéreas de Mesón do Vento ó Alto do Vilar, Ordes e Cerceda (expediente número 51.612), e da central térmica de Meirama ás Encrobas, Cerceda (expediente número 50.264), propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de

1954, e consecuentes do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 385/1994, do 15 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro de 1994), dos bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas a 15/20 kV de Mesón do Vento e Alto do Vilar, e a 20 kV en dobre e simple circuítos, da central térmica de Meira á liña nas Encrobas, das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo en r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña; fáiselle saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará a preceptiva notificación, que o representante da Administración procederá ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, nas datas e horas que seguen:

Advírtese ós propietarios e demais interesados que poden facerse acompañar dos seus peritos e un notario, á súa custa, e formularen por escrito ante esta delegación, ata o momento do levantamento das actas, as alegacións unicamente para os efectos de corrixir posibles erros que se padeceron ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 10 de xaneiro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña