Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.132

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (276/1991).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 276/1991, se seguen autos de xuízo declarativo de menor contía, por instancia do procurador Raniero Fernández Pérez, en representación de Teresa Turnes Albardonedo, Mª Dolores Turnes Albardonedo, Benigna Turnes Albardonedo e Mª Carmen González-Barros Vilouta, contra Nieves Turnes Albardonedo, Juan Luis Turnes Albardonedo, Julio González-Barros Vilouta, Soledad González-Barros Vilouta e José Mª Carlos González-Barros Vilouta, sobre división de cousa común, nas actuacións do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e prezo de valoración por perito o seguinte predio propiedade das partes.

Predio rústico sito no sitio da Baña, lugar de Santa María de Villestro, concello de Santiago de Compostela, identificada co número 201 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Santa María de Villestro. Ten unha superficie de 1.866 metros cadrados. Limita: polo norte, camiño construído polo Servicio Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; polo sur, con Ángel Noya Villasenín (203) canle de rega no medio e camiño construído polo S.N. de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; polo leste, con Julio González Barros Vilouta e outros (207), canle de rega en medio e oeste, estrada de Santiago de Compostela a Noia. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela no tomo 651, libro 308, folio 206, predio 19.644, inscrición 1ª.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o próximo día 15 de marzo ás doce horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo de remate será de 9.330.000 pesetas, sen que se admitan licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na consta de depósitos e consignacións deste xulgado o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderán facerse licitacións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo de remate.

4. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas licitacións.

5. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, encóntranse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 25 de abril, ás doce horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 30 de maio, tamén ás doce horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado