Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.131

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (312/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber: que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo número 312/1994, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Bankinter, S.A. e demandado Bolondo, S.L., e Hilario Ricardo Komba Divany, sendo a contía do asunto a de 4.070.235 pesetas de principal, máis 2.000.000 de pesetas calculados para xuros, gastos e custas, cítase de remate o demandado Bolondo, S.L. e Ricardo Komba Divany para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación poida oporse á execución comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibido de que de non o efectuar será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen o volver citar nin lle facer outras notificacións que determine a lei. Notifícaselle o embargo dos seguintes bens:

Komba Divany, Hilario Ricardo

Aloy Nguema, Begoña

Rexistro de Santiago número 1.

Tomo 1.125, libro 151, folio 110, predio 17.081.

Descrición:

Edificación composta de semisoto e planta, destinada a vivenda unifamiliar no sitio de Anovado, parroquia de Santa Eulalia de Bando, sita no concello de Santiago de Compostela, mide 219 m cada unha das plantas.

Ten unha superficie útil aproximada de vinte áreas e seis centiáreas.

Anexos: ten como anexo terreo unido, formando en conxunto un só predio.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Bolondo, S.L. e Hilario Ricardo Komba Divany, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 1995.

O secretario

Rubricado