Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.131

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (203/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo verbal civil número 203/1994, notifícaselles ós demandados Manuel Cabanillas Crarco, Transtaller, S.A. e a entidade aseguradora Mesai, S.A., a sentencia dictada neles, co encabezamento e parte dispositiva como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido os presentes autos de xuízo verbal civil, seguidos neste xulgado co número 203 de 1994, entre partes, dunha como demandante José Barreiro Añón, maior de idade, casado, labrador, veciño da parroquia de Lestón, concello de Laracha, con domicilio no lugar de Centulle, representado en autos pola procuradora Sánchez Silva, e doutra como demandados don Manuel Cabanillas Crarco, maior de idade, a entidade Transtaller, S.A., domiciliado en Madrid e a entidade aseguradora Mesai, S.A., domiciliada na Coruña, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por culpa extracontractual.

Decido: que desestimando a demanda formulada pola procuradora Sra. Sánchez Silva, en nome e representación de José Barreiro Añón, contra Manuel Cabanillas Crarco, a entidade Transtaller, S.A., e a entidade aseguradora Mesai, S.A., incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos contidos nela e condeno o demandante ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ós demandados antes citados, declarados en rebeldía, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado