Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento a favor do Templo da Vera Cruz, sito no concello do Carballiño (Ourense).

Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral e dos órganos consultivos, favorables á incoación como ben de interese cultural con categoría de monumento a favor do Templo da Vera Cruz, sito no concello do Carballiño, Ourense, e de conformidade cos artigos 6a) e 9.2 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español; artigo 11.2 do Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, que desenvolve parcialmente a antedita lei; e de conformidade co artigo 7 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de bens de interese cultural de Galicia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento a favor de Templo da Vera Cruz, sito no concello do Carballiño (Ourense), de acordo coa Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Consellería de Cultura.

A delimitación do seu contorno figura no plano do anexo I, sendo a descrición a seguinte:

«Cara á rúa Evaristo Vaamonde, as edificacións e soares baleiros que corresponden entre os números 2 e 10, ambos incluídos nun fondo de 20 metros.

Cara ó lado sur, as edificacións con acceso desde a rúa Conde Vallellano nos números 31 a 43, ambos inclusive, no seu fondo completo.

Cara ó lado SO a banda de edificación proposta no planeamento de fondo 15 metros.

Cara ó lado norte unha banda de edificación de 15 metros de fondo segundo o recolle o planeamento».

Segundo.-Segui-la tramitación de expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello do Carballiño (Ourense) notificándolle o outorgamento das novas licencias de obras, e a execución das xa outorgadas antes de incoarse o expediente, precisarán resolución favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental.

Cuarto.-De acordo co disposto no artigo 12.2 do Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, notiticaráselle a resolución ó arcebispado e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e de acordo co artigo 7.b do Decreto 430/1991 notificaráselle ademais ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Calicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico e

Documental