Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.218 AT).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Cosapa, S. Cooperativa. Rúa-Granda-Barán, Paradela (Lugo).

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica á nave industrial en Granda-Barán, no concello de Paradela.

Orixe da liña: L.M.T. Sarria-Paradela-Portomarín, propiedade de U.E. Fenosa.

Final: no C.T. Granda-Barán.

Situación do transformador: Barán.

Características: liña de media tensión a 20 kV, con conductores LA-56, cunha lonxitude de 1.048 metros e con postes de formigón e metálicos. Centro de transformación á intemperie de 50 kVA 20.000 kV.

Orzamento: 4.068.059 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 13 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado Provincial de Lugo