Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1995 de anuncio de concurso para contrata-lo servicio de limpeza da cidade infantil Príncipe Felipe.

Obxecto: Contratación para o ano 1995 do servicio de limpeza da cidade infantil Príncipe Felipe.

Tipo de licitación (IVE incluído): 53.000.000 de pesetas.

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso figura no expediente que se atopa no Servicio de Contratación.

Plicas: Durante 10 días hábiles a partir do anuncio no Boletín Oficial da provincia.

Fianzas: A provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Telfs. 80 41 01 y 80 41 00.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 1995.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado