Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (número OUR-01705-O-94 e sete máis).

Pola presente cédula notifícaselle ós/as denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un

mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas notificacións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinixida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, suursal de Santiago de Compostela.

E para que conste, e lle sirva de notificación ós/ás denunciados/as de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente en Ourense o 16 de xaneiro de 1995.

José Ignacio Domínguez Pedrosa

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Ourense