Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo de data 15 de decembro de 1993 (BOE do 21-1-1994), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Vigo, a prol de Francisco Ramón Botana Ferreiro, DNI número 33.223.692, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Ramón Botana Ferreiro profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, da Universidade de Vigo.
Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 10 de xaneiro de 1995.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo