Consonte coa proposta elevada pola corrección constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 15 de decem
bro de 1993 (BOE do 21-1-1994), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de filoloxía latina, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística, Xeral da Universidade de Vigo, a prol de Celso Rodríguez Fernández, DNI nº 35.492.154, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Celso Rodríguez Fernández catedrático de universidade da área de coñecemento de filoloxía latina, do departamento de Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, da Universidade de Vigo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 19 de xaneiro de 1995.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo