Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.111

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1995 pola que se corrixen erros advertidos na do 29 de decembro de 1994, pola que se convoca a libre designación entre funcionarios de carreira postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Advertidos erros na resolución do 29 de decembro de 1994, pola que se convocan a libre designación de postos vacantes no cadro de persoal funcionario da Universidade de Santiago de Compostela,

Este rectorado, ó amparo do previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, resolve corrixi-los mesmos, e así:

Onde di: Sumario: «Resolución do 29 de decembro de 1994 pola que se convoca a libre designación entre funcionarios de carreira postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade».

Debe dicir: «Resolución do 29 de decembro de 1994 pola que se convoca a libre designación entre funcionarios postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade».

Onde di: No texto, parágrafo segundo: «Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 4/1991, de reforma da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, resolve convocar a libre designación entre funcionarios de carreira os anteditos postos, con suxeición ás seguintes»

Debe dicir: «Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto nos artigo 27 da Lei 4/1991, de reforma da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, resolve convocar a libre designación entre funcionarios os anteditos postos, con suxeición ás seguintes»

Onde di: «Requisitos dos candidatos. Poderán concursa-los funcionarios de carreira que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para cada posto convocado.»

Debe dicir: «Requisitos dos candidatos. Poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para cada posto convocado.»

Como consecuencia do anterior procede amplia-lo prazo de presentación de solicitudes ata ás 14 horas do día 16 de febreiro de 1995.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Compostela