Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.110

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, complementaria da do 12 de decembro de 1994 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local correspondente ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da segregación do Concello de Cervo e a creación do de Burela, o primeiro modificou as festas laborais anteriormente propostas, e o segundo formulou a súa correspondente proposta, ademais observouse un erro respecto das do Concello de Vilanova de Lourenzá, polo que a Delegación Provincial de Lugo, dictou nova resolución para face-la oportuna ampliación e correspondentes rectificacións na dictada anteriormente.

Por iso, cómpre realiza-la mesma ampliación e rectificacións no anexo II, da Orde do 12 de decembro de 1994, desta dirección xeral, pola que se lle dá publicidade ás festas laborais de carácter local correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada, no DOG nº 241, do 16 de decembro de 1994.

Na súa virtude, esta dirección xeral resolve:

-Rectifica-los números 14 e 63 do anexo II, da antedita resolución, e incorpora-lo número 67, quedando redactados nos seguintes termos:

-«14. Cervo: 28 de febreiro e 16 de agosto».

-«63. Vilanova de Lourenzá: 28 de febreiro e 9 de outubro».

-«67. Burela: 28 de febreiro e 5 de xuño».

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais