Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.110

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 23 de xaneiro de 1995 pola que se modifica o prazo establecido no artigo 7 da do 21 de marzo de 1994 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio de 1994, para o remate das accións formativas e para a xustificación dos custos inherentes a elas.

0 art. 7 da orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude do 21 de marzo de 1994 establece que as accións formativas deberán rematarse como data límite o 31 de marzo de 1995, debendo estar xustificados os custos inherentes a elas mediante certificación do xefe do Servicio Administrativo de For

mación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Emprego, nos servicios centrais, e do xefe do Servicio de Formación e Emprego nas respectivas delegacións provinciais, o 15 de abril de 1995.

A asignación a esta Comunidade Autónoma de máis fondos dos previstos pola Administración do Estado e dos consignados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1994 provocou un retraso no comezo de moitos cursos que inicialmente non estaban previstos e que, en consecuencia, non poderán cumpri-lo prazo establecido na antedita orde, polo que se fai precisa a súa ampliación para aquelas accións formativas aprobadas con posterioridade ó 15 de outubro de 1994 e que teñan unha duración superior a 600 horas.

Consecuentemente con todo o anterior, e facendo uso da autorización expresa contida na disposición derradeira primeira do Decreto 52/1994, do 4 de marzo, en exercicio das facultades que me confire o art. 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-

Modifícase o art. 7 da orde do 21 de marzo de 1994 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio de 1994, ó que se lle engade un párrafo segundo que terá a seguinte redacción:

2. As accións formativas aprobadas con posterioridade ó 15 de outubro de 1994 e que teñan unha duración superior a 600 horas deberán rematarse como data límite o 31 de maio de 1995, debendo estar xustificados os custos inherentes a elas, da forma sinalada no parágrafo anterior, o 15 de xuño de 1995.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude