Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Gallega de Empresarios de Gimnasios y Entidades Deportivas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real Decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Gallega de Empresarios de Gimnasios y Entidades Deportivas, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: Poderán ser membros activos da federación as asociacións de empresarios de ximnasios e as entidades deportivas debidamente constituídas, logo de solicitude perante o órgano competente daquela.

Asinan a acta de constitución: Amador Trillo Morado e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais