Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo, número 1/0001607/1994, interposto por José Alipio García Menéndez.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 1/0001607/1994, interposto polo recorrente contra a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 8 de xuño (DOG do 10), sobre convocatoria de procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e outros.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modifcada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se lles notifica para xeral conecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer corno parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria