Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0002647/1994 interposto por Ricardo Soto Pichel.

O 5 de xaneiro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da sala do contencioso-administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0002647/1994 interposto por Ricardo Soto Pichel, contra resolución do 24-10-94, da Dirección Xeral da Función Pública, que desestima petición do recorrente, sobre que se adopten as medidas pertinentes para a inmediata incorporación do demandante ó posto de traballo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da

xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública