Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0002630/1994, interposto por Rosa María Martínez García.

O 5 de xaneiro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da sala do contencioso-administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0002630/1994, interposto por Rosa María Martínez García, contra acordo do 4-7-94 (DOG do 8-7-94) da Consellería da Presidencia e Administración Pública, resolución do conselleiro do 21-10-94 e resolución do 2-11-94 do director xeral, sobre cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública