Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0002479/1994, interposto por Carlos A. Gómez Otero.

O 12 de xaneiro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da sala do contencioso-administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0002479/1994, interposto por Carlos A. Gómez Otero, contra resolución do 21-10-94, da Dirección Xeral da Función Pública, que desestima recurso ordinario interposto contra a desestimación de reclamación sobre exclusión do recorrente de participar nos cursos II e III para obtención diploma de directivos EGAP.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública