Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.098

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 36/1995, do 27 de xaneiro, polo que se dispón a substitución dos representantes da Xunta de Gobemo da Universidade de Santiago de Compostela no seu Consello Social e fai pública a composición íntegra deste.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determina o número de membros que o compoñen e os representantes da Xunta de Goberno da Universidade no Consello Social.

A Universidade de Santiago de Compostela remitiu escrito o 23 de novembro de 1994 no que comunica as modificacións que afectan ós representantes da Xunta de Goberno no Consello Social, segundo o establecido no artigo 7 da citada lei.

Así mesmo, recibiuse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da devandita Lei 5/1987, o documento preceptivo de non incorrer en incompatibilidade.

Coa finalidade de clarifica-la composición dos membros do Consello Social, despois dos cambios producidos nalgún dos seus membros, procédese a publica-la composición íntegra do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (DOG nº 23, do 21 de marzo de 1983), modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro de 1988), e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Nomear membros do Consello Social da Universiade de Santiago de Compostela, en representación da Xunta de Goberno da citada universidade, a:

-Manuel Castro Cotón.

-Eugenio Anselmo Rodríguez Núñez.

-Andrés Beiras Iglesias.

-José Sordo Rodríguez.

-José Manuel Álvarez González.

-Fernando Pedro Torres Agras.

As anteditas pesoas substitúen respectivamente a:

-Xaquín Fernández Leiceaga.

-Antonio Rigueiro Rodríguez.

-José Manuel Sabucedo Cameselle.

-Juan M. Antelo Cortizas.

-Carmen Freire Cruces.

-Uxío Malvido Cabrito.

Que cesan como membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, agradecéndolle-los servicios prestados.

Artigo 2.-Facer pública a composición íntegra do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, que queda formado polas seguintes persoas:

I. En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela:

1. Darío Villanueva Prieto, rector da universidade, nomeado polo Decreto 291/1994.

2. Gumersindo Guinarte Cabada, secretario xeral da universidade, nomeado polo Decreto 291/1994.

3. Manuel Conde Mouzo, xerente da universidade, nomeado polo Decreto 93/1992.

4. Manuel Castro Cotón, membro da Xunta de Goberno.

5. Eugenio Anselmo Rodríguez Núñez, membro da Xunta de Goberno.

6. Andrés Beiras Iglesias, membro da Xunta de Goberno.

7. José Sordo Rodríguez, membro da Xunta de Goberno.

8. José Manuel Álvarez González, membro da Xunta de Goberno.

9. Fernando Pedro Torres Agras, membro da Xunta de Goberno.

10. Alberto Pérez Viso, membro da Xunta de Goberno, nomeado polo Decreto 93/1992.

II. En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

11. Vicente Arias Mosquera, nomeado polo Decreto 93/1992.

12. Enrique Suárez Noche, nomeado polo Decreto 292/1994.

13. Isaac Díaz Pardo, nomeado polo Decreto 93/1992.

14. José Lores Rosal, nomeado polo Decreto 93/1992 (2º período de mandato, artigo 9.1 da Lei 5/1987).

15. José Carlos Mella Villar, nomeado polo Decreto 93/1992.

16. Mauro Varela Pérez, nomeado polo Decreto 93/1992 (2º período de mandato, artigo 9.1 da Lei 5/1987).

b) Designados pola Xunta de Galicia:

17. Jesús Alonso Escurís, nomeado polo Decreto 93/1992.

18. Santiago Nogueira Romero, nomeado polo Decreto 93/1992 (2º período de mandato, artigo 9.1 da Lei 5/1987).

19. Florencio Aldrey Iglesias, nomeado polo Decreto 93/1992.

20. Antonio Pol González, nomeado polo Decreto 93/1992 (2º período de mandato, artigo 9.1 da Lei 5/1987).

21. Luis Abelleira Mayor, nomeado polo Decreto 488/1990 (2º período de mandato, artigo 9.1 da Lei 5/1987).

c) Designados polos sindicatos:

22. José Ramón Copa Nova, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia, nomeado polo Decreto 51/1993.

23. José Paraños Pardo, por Comisións Obreiras de Galicia, nomeado polo Decreto 93/1992 (2º período de mandato, artigo 9.1 da Lei 5/1987).

d) Designados polas organizacións empresariais:

24. Emilio Pérez Nieto, pola Confederación de Empresarios de Galicia, nomeado polo Decreto 93/1992 (2º período de mandato, artigo 9.1 da Lei 5/1987).

25. Guillermo Sánchez Vilariño, pola Confederación de Empresarios de Galicia, nomeado polo Decreto 93/1992.

Polo Decreto 9311992 noméase presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Emilio Pérez Nieto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria