Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 08 de febreiro de 1995 Páx. 1.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.105 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, Sáenz Díez, 95, en

solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. en Serpentiña, Armental e Moreda-Pantón, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 843 metros. Centro de transformación aéreo de 50 kVA, 20.000, 400/231 ±5% ±2,5. Redes de baixa tensión, de 658 metros de lonxitude e conductores RZ 0,6/1 kV, 95-50-25.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 29 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo