Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.086

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (293/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo número 293/1994, sobre reclamación de cantidade, nos que é demandante o Banco Central Hispanoamericano e demandado José Manuel Mariño Nin, sendo a contía do asunto de 890.220 ptas. de principal, máis 450.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate o demandado José Manuel Mariño Nin para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación poida opoñerse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibíndoo de que, se non o fai, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións cás que determine a lei. Notifícaselle o embargo do seguinte ben:

Vehículo Seat, modelo Ibiza diésel, matrícula C-3996-AU.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñcerse o seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado José Manuel Mariño Nin, expido este edicto en Santiago de Compostela o 3 de xaneiro de 1995.

O secretario

Rubricado