Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de xaneiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expediente número PO-02596-0-95 e sete máis).

Pola presente cédula notifícase ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer alegacións, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes a contar desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas notificacións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega, conta restririxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 2 de xaneiro de 1995.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de

Pontevedra