Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.085

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (533/1990).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo número 533/1990, sobre reclamación de cantidade nos que é demandante a Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, e demandados Manuel Villa Pérez, María del Pilar Varela García e Ventura Pérez Graña, sendo a contía do asunto de 10.815.837 ptas. de principal, máis 2.500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate ós herdeiros descoñecidos e incertos do demandado Ventura Pérez Graña, para que no prazo de nove días hábiles a partir da publicación poidan opoñerse á execución, comparecendo nos autos: por medio de procurador, apercibíndoos de que, se non o fan, serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volvelos

citar nin facerlles outras notificacións cás que determine a lei.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pago por descoñecerse o seu domicilio.

E para que conste e sirva de notificación ós herdeiros descoñecidos e incertos do demandado Ventura Pérez Graña, expido este edicto en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1994.

O secretario

Rubricado