Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.085

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (337/1994-C).

En virtude do acordado por Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas número 337/1994-C, que se segue sobre danos, lesións e atentado, cítase o denunciado, José Luis Villaverde Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado o próximo día vinteún de febreiro de 1995 ás 11.40 horas, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que se tente valer, facéndoselle sabe-lo disposto no artigo 8º do Decreto do 21 de novembro de 1952; podendo ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 1995.

Camilo José García-Puertas Magariños

Secretario do xulgado