Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.085

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (157/1994).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa e o seu partido, María Dolores de los Ríos Andérez, fai saber que neste xulgado, baixo o número 157/1994 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do art. 131 da Lei hipotecaria, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro, contra Manuel Seoane Rouco e Jesusa Ascensión Ferro Filgueira, en reclamación de crédito hipotecario, actuacións nas que se acordou sacar a primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa taxación, o predio que logo se dirá.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o próximo día vintenove de marzo do ano que corre, sinalándose para unha segunda e terceira poxa, no caso de quedar deserta, os próximos días vinteoito de abril e vintenove de maio, ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

1.-O tipo de remate é de 9.047.500 pesetas, e non se admitirán ofertas que non cubran a dita suma.

2.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo do remate.

3.-Poderá facerse para ceder a un terceiro.

4.-Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o importe da consignación a que se refire o apartado 2 ou achegando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e maila certificación rexistral están de manifesto en secretaría e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, de os haber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

O predio obxecto de poxa é o seguinte:

Piso segundo, letra B, situado, mirando desde a rúa Emilia Pardo Bazán, na parte traseira da segunda planta elevada. Ten unha superficie de oitenta e dous metros, cincuenta e dous decímetros cadrados. Limita, mirando desde a rúa Emilia Pardo Bazán: fronte ou sur, oco e descanso de escaleiras e piso letra A da súa mesma planta; parte de atrás ou norte, patio de luces e Santiago Regueiro López; dereita ou leste, rúa Wenceslao Fernández Flórez, e esquerda ou oeste, patio de luces, oco e descanso de escaleiras e Manuel García Prado.

Élle anexo un rocho, sito na derradeira planta, sinalado co número 4, de dez metros cadrados, que

é o cuarto desde a esquerda, mirando desde a rúa Emilia Pardo Bazán.

Cota de participación: dez enteiros.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 451, libro 74, folio 194, predio rexistral 13.142.

Dado en Arzúa o 29 de decembro de 1994.

Rubricado