Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación municipal, en sesión plenaria celebrada o día 30 de novembro de 1994, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar, con carácter inicial, unha modificación de estudio de detalle da U.A. nº 15 definida no P.X.O.U., que ten por obxecto varia-lo fondo edificable das plantas sobre rasante do bloque 2 contemplado no estudio de detalle xa aprobado, facéndoo coincidir co fondo máximo autorizado polo P.X.O.U.

Durante un prazo de 15 días, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado o documento aprobado inicialmente e presentarse as alegacións a el que se coiden pertinentes.

Culleredo, 27 de decembro de 1994.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde