Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión plenaria celebrada o día trece de xaneiro de 1995, acordou a contratación polo procedemento de concurso do servicio de limpeza interior e exterior do colexio de educación xeral básica de Caión.

1º. Obxecto: contratación do servicio de limpeza interior e exterior do colexio de educación xeral básica de Caión.

2º. Tipo de licitación: un millón novecentas mil pesetas máximo.

3º. Duración do contrato: o contrato comezará o día da súa sinatura e rematará o día 31 de decembro

de 1995; prorrogable por anos naturais vencidos ata un máximo de cinco prórrogas.

4º. Fianza provisional: trinta e oito mil pesetas.

5º. Apertura de proposicións: celebrarase na Casa do Concello ás trece horas do día seguinte a aquel no que transcorresen dez días, desde o seguinte a aquel no que apareza publicado o concurso no BOP.

6º. Outros detalles: poden consultarse e obterse fotocopias dos pregos de condicións na secretaría do concello de 9 a 14 horas.

Laracha, 16 de xaneiro de 1995.

Jesús Rama Becerra

Alcalde