Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de corrección de erros do de adxudicación das obras incluídas no Plan Provincial de Actuación Municipal 1994.

Advertido erro no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº 240, do 15 de decembro de 1994, faise constar que a adxudicación das obras incluídas no plan de actuación municipal 1994 se aprobou na comisión de goberno do 11 de novembro de 1994, e non na comisión de goberno do 11 de setembro do citado ano.

Cambre, 16 de xaneiro de 1995.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde