Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995 pola que se lles dá publicidade ás adxudicacións de varias obras, que foron convocadas pola Consellería da Presidencia e Administración Pública -Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial- por concurso público.

Por resolucións do 21, 22 e 23 de decembro de 1994, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, unha vez cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación, e a proposta da Comisión de Valoración, nomeada para o efecto, o titular desta consellería acordou adxudica-las obras que, convocadas por concurso público, se relacionan respectivamente, con, denominación do obxecto do contrato, empresa adxudicataria e importe.

-Obras de construcción dun edificio para centro de exposición permanente de recursos na comarca do Deza.

Empresa adxudicataria: Taboada y Ramos, S.L., por importe de 74.380.228 pesetas, IVE incluído.

-Obras de construcción dun edificio para centro de exposición permanente de recursos na Terra de Lemos.

Empresa adxudicataria: Alea, S.L., por importe de 86.432.791 pesetas, IVE incluído.

-Obras de construcción dun centro de exposición permanente de recursos en Buño.

Empresa adxudicataria: Edibar, S.L., por importe de 59.961.266 pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de Contratos do Estado e 119 do seu Regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1994)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública