Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995 pola que se lles dá publicidade ás adxudicacións de varias obras, que foron convocadas pola Consellería da Presidencia e Administración Pública-Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial-, por contratación directa.

Por Resolución do 16 de decembro de 1994 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, unha vez cumpridos os trámites regulamentarios

en materia de contratación e a proposta da Comisión de Valoración, nomeada para o efecto, o titular desta consellería acordou adxudicar diversos expedientes de obras, convocados por contratación directa, dos que a denominación, empresa adxudicataria e importe se relacionan a continuación:

-Obras de desenvolvemento turístico, conservación e mellora do medio ambiente na comarca de Ortegal, concello de Mañón, seguindo o curso do río Sor en Mañón (A Coruña).

Empresa adxudicataria: Construcciones y Obras S.A.V.U.R, S.L., por importe de 12.323.116 pesetas, IVE incluído.

-Obras de recuperación e acondicionamento das beiras do río Arnoia, ó seu paso polos concellos de Ramirás e Cartelle, Ourense, que constitúen o parque fluvial comarcal «A Pontenova».

Empresa adxudicataria: Tragsa, por importe de 12.192.387 pesetas, IVE incluído.

-Obras de recuperación e urbanización da marxe do río Bibei na localidade das Ermidas, concello do Bolo, Ourense.

Empresa adxudicataria: Extraco, S.A., por importe de 21.195.000 pesetas, IVE incluído.

-Obras de rehabilitación e recuperación no mirador existente no lugar coñecido como Ermida de Santa Irene, no concello de Carballo, da Coruña.

Empresa adxudicataria: Mouzo & Souto Costrucciones, por importe de 9.800.000 pesetas, IVE incluído.

-Obras de realización dun carreiro na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, que posibilita a visita de 20 pontes sobre o río Lérez.

Empresa adxudicataria: Delmiro Sieiro Fernández, por importe de 14.134.000 pesetas, IVE incluído.

-Obras de acondicionamento da área existente nas inmediacións da capela de San Paio (Ramirás), provincia de Ourense.

Empresa adxudicataria: Amando, por importe de 5.149.577 pesetas, IVE incluído.

-Obras de acondicionamento do denominado «Carreiro do Deza» nos concellos de Silleda e Vila de Cruces.

Empresa adxudicataria: Construcciones Agustín Chaira, por importe de 15.499.300 pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1994)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública