Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de febreiro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación da impresión e edición, no ano 1995, de seis números dunha revista de promoción turística de Galicia que divulgue, sen límite xeográfico, os atractivos turísticos da nosa Comunidade Autónoma no seu espectro máis amplo.

A Secretaría Xeral para o Turismo convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: Impresión e edición, no ano 1995, de seis números dunha revista de promoción turística de Galicia que divulgue, sen límite xeográfico, os atractivos turísticos da nosa Comunidade Autónoma no seu espectro máis amplo.

Forma de adxudicación: Concurso público polo trámite de urxencia. 0 crédito para atende-las obrigacións económicas figura consignado na aplicación 04.05.651-A.628.2, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

Orzamento de licitación: 81.000.000 de pesetas.

Clasificación do contratista: Grupo III, subgrupo 8, categoría D.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Presentación de proposicións: Farase de luns a venres no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos, 15. Santiago de Compostela e os sábados no rexistro xeral da Xunta de Galicia, edificio San Caetano nº 1, en sobre pechado e por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do RCE, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. As proposicións axustaranse obrigatoriamente ó modelo establecido que se une como anexo nº 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: As proposicións serán abertas pola mesa de contratación ás 11 horas do día 23 de febreiro de 1995. O lugar de celebración da dita mesa será na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Turismo.

Documentación de interese para os licitadores: O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas que rexerán na contratación poderán ser examinados na Secretaría Xeral para o Turismo.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo