Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de xaneiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (XC-01815-O-94 e cinco máis).

Pola medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, que se formularon contra eles as denuncias que se expresan. Por este motivo, ini

ciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan. O que se lles notifica, facéndolles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, aportando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Así mesmo, notifícaselles que a autoridade competente para impoñe-la sanción é o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG 24-3-93), polo que

se regulan os órganos competentes para a imposición de sancións por infraccións cometidas en materia de transportes mecánicos por estrada.

Para que conste, lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro (BOE 27-11-92) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña ó 12 de xaneiro de 1995.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

Resolución do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.219-A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. Ourense, rúa Sáenz Díez, 95.

Finalidade: Mellora do servicio eléctrico do sector no concello de Monforte.

Situación do transformador: c/ Calvo Sotelo, 71, Monforte.

Características: centro de transformación de distribución tipo soto na Rúa Calvo Sotelo, 71, cunha potencia de 1.000 kVA e tensións 20 kV/B2 V., con dúas celas de liña e unha cela de protección.

Orzamento: 8.738.797 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, Rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 1 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo