Pola presente cédula, notifícaselles ós/ás denun
ciados/as, cos últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/93, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.
En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega,
conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.
E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedernento administrativo común (BOE nº 285 de 27 de novembro), expido, asino e selo a presente en Pontevedra o 11 de xaneiro de 1995.
Mª Cruz Tomé Navas
Xefa do Servicio Provincial de Transportes
de Pontevedra