Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1995, do Grupo de Portos A Coruña-Norte, pola que se somete a información pública o proxecto de aparcamentos e urbanización no porto de Cedeira.

En cumprimento do disposto no artigo 56 do Regulamento da lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, sométese a información pública o proxecto de aparcamentos e urbanización no porto de Cedeira, para que os afectados pola expropiación recollida nel poidan presenta-los seus escritos coas alegacións que consideren oportunas nas oficinas do Grupo de Portos Coruña Norte, sitas na avenida Alférez Provisional, 1-1º, na Coruña, onde se encontra exposto o expediente do que se trata, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1995.

Manuel García Blanco

Enxeñeiro xefe do Grupo de Portos Coruña Norte