Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación directa da obra de reforma da glorieta e pasarela de acceso ó Centro Social de Fene (A Coruña).

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación polo sistema de contratación directa da obra que se indica:

Obra: Reforma da glorieta e pasarela de acceso ó Centro Social de Fene (A Coruña).

Orzamento: Sete millóns cento noventa e unha mil seiscentas sesenta e nove pesetas (7.191.669 ptas.)

Prazo de execución: 3 meses.

Exposición da documentación: O proxecto, prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentos relativos á contratación poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña, r/ Gregorio Hernández, 2-4, e nas restantes delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de solicitudes, desde as 9 horas ás 14 horas en días hábiles agás sábados.

Copias da documentación: «Sucopia», Ronda de Nelle, 131 baixo.

Teléfono: (981) 26 70 64.

Fianza provisional: Non se esixe.

Clasificación do contratista: Non se esixe.

Modelo de proposicións: O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña, en sobres pechados, ou por correo, segundo os procedementos previstos no artigo 100 do regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura das proposicións: Será realizada o sexto día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de proposicións a partir das 11 horas, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, se este día coincidise en sábado ou festivo, celebrarase o acto o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

Documentos que deben presenta-los licitadores: Os esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

O pago deste anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de decembro de 1994.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña