Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995 polo que se lle dá publicidade ós avales concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE.

O artigo 22 da Lei 1/1994, do 30 de marzo, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1994 autoriza a conceder avales ó IGAPE por un importe máximo de 3.000 millóns de pesetas.

O artigo 13.2. do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avales do Instituto Galego de Promoción Económica establece, que ós avales concedidos polo IGAPE daráselle publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade ós avales concedidos polo Consello de Dirección do IGAPE nas súas reunións de datas do 2 de decembro e 29 de decembro de 1994:

-Liña de avales.-Á empresa Santaz-Censa, S.A. por un importe de 325 millóns de pesetas.

-Liña de avales.-Á empresa Santaz-Censa, S.A. por un importe de 275 millóns de pesetas.

-Val financeiro.-Á empresa Juan Varela Espiñeira, S.L. por un importe de 238 millóns de pesetas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica