Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 31/1995, do 20 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea a 20 kV ó C.IT. de Pazonovo-Nete, no concello de Vilalba, provincia de Lugo. (Expediente número 3.436 A.T.)

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio, para efectos de notificación, na r/ Cidade de Viveiro nº 4 de Lugo, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 785 m de lonxitude, conductor LA-30,

e apoios de formigón e torres metálicas, con orixe na L.M.T. Rábade-Vilalba e remate no C.T. de Pazonovo-Nete, no concello de Vilalba (Lugo), expediente número 3.436 A.T.

A dita instalación autorizouse, declararouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución por resolución da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 29-9-1992 a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DC~G do 19-10-1992, no BOP de Lugo do 4-2-1993, no xornal El Progreso de Lugo do 6-10-1992 e no BOE do 30-10-1992.

A solicitude de urxente ocupación fíxose con base no disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 2-3-1994, no BOP de Lugo do 23-3-1994, no xornal El Progreso de Lugo do 28-1-1994, e a simple referencia no BOE do 7-3-1994, ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa devandita Lei 10/1966, do 18 de marzo e co seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro; durante o período no que se someteu ó trámite de información pública, formulou alegación de desconformidade co trazado da liña o titular do predio nº 19, a cal se desestima ó non se dar conxuntamente as condicións que establece o artigo 26 do citado decreto.

Unha vez practicada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigas 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2.619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., xa que con esta liña se pretende amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo ás constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da liña eléctrica aérea a 20 kV ó C.T. de Pazonovo-Nete.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Vilalba (Lugo), e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Conceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio