Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 5.042/1994, interposto por Promociones Lombiña, S.L.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 5.042/1994, interposto por Promociones Lombiña, S.L., contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 27-5-1993 e desestimación presunta de recurso de alzada ante o conselleiro da C.P.T.O.P.V., sobre denegación da aprobación do plan parcial da praia de Cabío na Pobra do Caramiñal, esta consellería resolveu ordena-la remisión dos expedientes administrativos ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda