Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0002541/1994, interposto por Francisco Javier Vales Navarro.

O 26 de decembro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0002541/1994, interposto por Francisco Javier Vales Navarro, contra denegación por silencio administrativo da Dirección Xeral da Función Pública e de solicitude do recorrente do 13 de outubro de 1994, sobre solicitude de que se lle asigne ó recorrente o nivel de complemento de destino 22.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública