Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0002496/1994, interposto por José Carlos Pombo Alonso.

O 26 de decembro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0002496/1994, interposto por José Carlos Pombo Alonso, contra resolución da Consellería da Presidencia do 3-10-1994 que desestima recurso ordinario de acordo do 18-4-1994 da Comisión Selecc. persoal, sobre cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios constituída ó amparo do Decreto 252/1992.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública