O 26 de decembro de 1994, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0002485/1994, interposto por Rosa María Incio Balboa e seis máis, contra resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 3 de outubro de 1994 desestimatoria do recurso de reposición, sobre relación de postos de traballo aprobadas por acordo do Consello da Xunta do 3-6-1994 e c/concurso l/1994.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifca para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1995.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública