Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.104 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Electrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e R.B.T. en Reboredo-Estraxiz, en Sarria e Samos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 5.617 metros. Rede de baixa tensión de 540 metros de lonxitude, con conductor 2 x 25, RZ-50-25, nos concellos de Sarria e Samos.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 19 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo