Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión ordinaria do día 30 de decembro de 1994, acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa, con ocupación urxente, de terreos para a execución do selado e recuperación do vertedoiro de Amio.

En cumprimento do disposto no artigo 56 do Regulamento de expropiación forzosa, o Concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos quince días que seguen á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que estimen oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Xúntase relación de bens afectados.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1995.

P.D.

Pedro Antonio Fernández Fernández

Concelleiro-delegado de Urbanismo

ANEXO

Relacións de bens afectados que se citan

Termo municipal de Santiago de Compostela