Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

EDICTO.

O Concello da Estrada, en sesión celebrada o 13 de xaneiro de 1995, aprobou inicialmente o documento de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal da Estrada en relación coa ampliación do solo dotacional de Figueroa para construír nel a Academia Galega de Seguridade, segundo proxecto redactado por J. González-Cebrián Tello.

O indicado proxecto queda exposto ó público para efectos do seu exame e alegacións durante o prazo de un mes a contar desde o anuncio que saia publicado máis tarde no B.O. da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente poderá examinarse na Secretaría Xeral de 9 a 13 horas, os días hábiles.

Estrada, 17 de xaneiro de 1995.

O alcalde

Rubricado