Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, pola que se convoca unha nova licitación para a contratación mediante concurso do uso de tarxetas para adquisición de carburantes.

A Comisión de Goberno da Deputación Provincial da Coruña, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de novembro de 1994, aprobou o prego de condicións particulares para a contratación do uso de tarxetas para adquisición de carburantes, que foi integramente publicado no BOP nº 273, con data do 29 de novembro de 1994.

Declarado deserto o citado concurso mediante resolución da Presidencia nº 20.355, con data do 15 de decembro de 1994, por medio do presente anuncio convócase unha nova licitación nas mesmas condicións.

Proposicións: As entidades que queiran oferta-la utilización de tarxetas presentarán na Sección de Patrimonio e Contratación da Deputación Provincial da Coruña, dentro do prazo de vinte días contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP, DOG ou BOE, en horario das 9 ás 13 horas, a seguinte documentación:

a) Documento de aceptación do prego:

Don/Dona..., con domicilio para efectos de notificación en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI número... (ou pasaporte ou documento que o substitúa), actuando en nome propio (ou en nome e representación de..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono... -conforme se acredita con poder notarial cumprido-), fai constar que coñece e acepta o prego de condicións para a contratación da utilización de tarxetas para adquisición de carburantes, e ofrece a seguinte porcentaxe de desconto sobre o prezo máximo dos carburantes que en cada momento fixe o Goberno (tributos incluídos):...

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

b) Documentos xustificantes de personalidade: Segundo o disposto na cláusula 4.B) do prego de condicións.

Apertura de proposicións: Terá lugar no Pazo Provincial ás 12 horas do día seguinte hábil ó que se sinale como derradeiro para a admisión de plicas.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario