Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995 pola que se fai público o acordo de adxudicación dos contratos de vixilancia e limpeza do edificio sede da institución para 1995, adoptado pola Comisión de Goberno do Consello en sesión celebrada o día 13 do mes da data.

De conformidade co disposto no art. 119 do Regulamento xeral de contratación, faise público que a Comisión de Goberno deste Consello, en sesión celebrada o día 13 do mes corrente, acordou adxudica-los contratos de vixilancia e limpeza do edificio sede desta institución, previamente anunciados no DOG nº 191, do 3 de outubro de 1994, segundo o detalle que se especifica a continuación:

-Adxudica-lo contrato de vixilancia do edifico sede da institución á empresa Viproga, S.A., polo período comprendido entre o 14 de xaneiro e o 31 de decembro de 1995, no prezo de seis millóns cento oitenta e unha mil seiscentas cincocentas e sete pesetas, IVE e demais exaccións legais engadidas, ó considera-la súa oferta como a máis vantaxosa para a institución.

-Adxudica-lo contrato de limpeza do edifico sede da institución á empresa Limpiezas Salgado S.L., polo período comprendido entre o 14 de xaneiro e o 31 de decembro de 1995, no prezo de catro millóns trescentas dezaseis mil oitocentas oitenta e unha pesetas, IVE e demais exaccións legais engadidas, ó considera-la súa oferta como a máis vantaxosa para a institución.

Contra o acordo de adxudicación poderase interpor recurso ordinario perante o Pleno do Consello de Contas no prazo de un mes computado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1995.

Carlos G. Otero Díaz

Conselleiro maior