Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publican actas e propostas de liquidación dos contribuíntes e conceptos que se relacionan, e que foron dictados polo Servicio de Inspección Tributaria (Colmeiro Rojo e tres máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no art. 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, actas e propostas de liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se sinala e que foron dictados polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 146 apartado 2º da Lei xeral tributaria.

Contra esta notificación os interesados poderán formular alegacións ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26, Vigo, no prazo de quince días contados a partir do seguinte á data de publicación desta cédula. Transcorrido o mesmo sen que se formulen alegacións, o Servicio de Inspección Tributaria procederá a confirma-la devandita liquidación.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)