Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publican as resolucións dos recursos dictados polo Servicio de Xestión Tributaria relativos ós contribuíntes que se citan (Camacho Martín, J. Ramón, e outro máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no art. 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, resolución dos recursos dictados polo Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial relativos ós contribuíntes e conceptos, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se indican.

Contra a presente cédula poderá interpoñer recurso ante o Tribunal Económico Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, rúa Lalín nº 2, no prazo de quince días contados a partir do seguinte á data de publicación desta cédula.

Contribuínte: Camacho Martín, J. Ramón.

Domicilio: R/ Ourense, 9-5º. Vigo.

Concepto: R.R. 46/93. Expte. 13.979/91.

Contribuínte: Mader Plast, S.A.

Domicilio: Porto do M. Parada. Nigrán.

Concepto: R.R. 1.079/92. Expte. 12.579/89.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)