Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos que se sinalan e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria (Blanco Muñoz, Pedro).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se sinala e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pago da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo R. d. 1.684/1990, do 20 de decembro, os medios de pago establécense nos artigos 23 e seguintes do citado regulamento de recadación.

Os recursos que se podan interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou o de reposición ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26, Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula.

Nome do contribuínte: Blanco Muñoz, Pedro L.

Domicilio: R/ O Grove, 2-7º I. Vigo.

Contía e concepto: 1.336.084 ptas. Acta A05 277/93.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)