Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 02 de febreiro de 1995 Páx. 1.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995 pola que se anuncia poxa pública para o alleamento de vintedous (22) locais comerciais na Coruña, nos grupos ou polígonos do expediente C-136-CD/63 e dous máis.

Anúnciase poxa pública para o alleamento, de conformidade co prevido no artigo 2º do Decreto 336/1992, do 26 de novembro, de vintedous (22) locais comerciais, existentes na Coruña, integrados nos grupos ou polígonos de vivendas construídos ó abeiro dos expedientes que a continuación se relacionan, con expresión da súa numeración, situación, superficie aproximada e importe tipo de poxa.

A poxa rexerase polo prego de cláusulas administrativas aprobado por esta dirección xeral o 3 de marzo de 1993, que estará á disposición dos posibles licitadores na Xefatura Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, edificio de servicios múltiples, 9ª planta (ala sur), rúa de Salvador de Madariaga, s/n.

O prazo de presentación das proposicións pecharase ás catorce horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o último día hábil para a presentación de proposicións, o prazo enten

derase prorrogado ata as 14,00 horas do seguinte día hábil, en sobre pechado no rexistro da Xefatura Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, de 9 a 14 horas, ou ben por correo; se se utiliza este procedemento deberanse cumpri-los requisitos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratacións do Estado, modificado polo Real decreto 2.528/1986, do 28 de novembro.

A poxa celebrarase en acto público nos locais da Xefatura Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, sito no edificio de servicios múltiples, 9ª planta, rúa de Salvador de Madariaga, s/n, ás 10 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación de ofertas.

O importe deste anuncio será satisfeito proporcionalmente polos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

José Antonio Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo